EVENTOS

  • Fechas 22-09-2018 10:00

    Fechas 23-09-2018 10:00

    Web: Más información sobre el Evento

    Precio: 25 euros, comida del sábado incluida.

    Fecha límite de inscripción: 17/09/2018

    Inscríbete

    Lugo, España

       A FGTA leva a cabo esta convocatoria, de forma aberta, dirixida a todos/as os/as arqueiros/as e adestradores da modalidade de arco composto que teñan interese en entrar a formar parte do grupo de tecnificación coa fin de elevar o nivel técnico desta modalidade en Galicia.
    Para isto vaise contar con Alberto Blázquez Arboníes; quen, en conxunción coa FGTA encargarase da dirección e docencia da concentración.
    A FGTA, a través de Alberto Blázquez, aposta desta forma polo tiro progresivo con tensión de espalda como técnica a implantar.
    Esta convocatoria estará dirixida e enfocada a traballos técnicos específicos, que serán coordinados polo responsable, Alberto Blázquez, coordinando grupos de traballo entre as novas incorporacións e os que continúan a formación dende as anteriores convocatorias.
    Os/As arqueiros/as e adestradores que desexen participar nesta concentración, aínda de carácter aberto, deberán remitir a súa solicitude á FGTA.
    * Os/as arqueiros/as ou monitores que xa teñan remitido a ficha na anterior concentración cos datos técnicos, tan só deberán cubrir a FICHA DE INSCRICIÓN.
    Os/As que asistan por primeira vez deberán cubrir todos os datos que se solicitan.
    DATA
    Sábado 22 e Domingo 23 de setembro de 2018
    HORARIOS:
    Sábado 22: De 10:00 a 14:00 h. (xantar) e de 16:00 a 20:00 h.
    Domingo 23: De 10:00 a 14:00 h.

    LUGAR
    Galería municipal de Tiro con Arco
    Parque de A Milagrosa (Lugo)
    Casa do Deporte: Avda. Infanta Elena, s/n – 27003 (Lugo)
    INSCRICIÓN:
    25 € (O custo da inscrición inclúe o xantar do sábado)
    A data límite para a recepción de inscricións é o 17 de setembro , ás 23:59 horas.
    A inscrición realizarase enviando o formulario que se xunta ao correo electrónico inscripcions@fgta.es debidamente cuberto en todos os apartados, así como o xustificante de ter aboado o importe na conta da FGTA da entidade ABANCA ES78 2080 5368 7630 4000 7146
    XANTAR DO SÁBADO:
    Nun restaurante próximo o pavillón, e xestionado pola FGTA, o custo está incluído no importe da inscrición.
    COLABORAN:
    Concelleria de Deportes-Concello de Lugo. Club Arco Muralla
    NOTA:
    Os asistentes que o desexen poden traer unha memoria USB para que se poidan levar unha copia da documentación facilitada por Alberto

    Enlace: fgta.es

    Documentos

    Haz clic para ampliar el mapa
Patrocinadores ARC SYSTEME

blazquezarchery.weboficial.net usa cookies propias y de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de usuarios y optimizar su servicio. Para más información lea Política de Cookies. ×